martes, 22 de septiembre de 2015

Cultura castrexa


A cultura castrexa

  •  Foi un conxunto de manifestacións culturais don noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (S.IX a.C) ata o século I d.C.As súas vivendas chamábanse castro. 



  • A economía castrexa ten diferentes bases:


  1. Agrícola.
  2. Gandeiria pastoril.
  3. Caza.
  4. Pesca.
  5. Marisqueo.
  6. Recollida de froitos.


  • Entre os animais domésticos destacan o gando vacún, ovino, porcino e caprino, que foron as principais fontes de obtención de productos cárnicos.



  • Arte castrexa:
Os habitantes dos castros traballaron a pedra, a cerámica e os metais. O metal máis traballado segue sendo o bronce.
Os debuxos que conservamos están realizados en pedra:

  1. Guerreiros.
  2. Cabezas humanas.
  3. Cabezas zoomorfas.
  4. Sedentes.
  5. Figuras diversas.
  6. Decoracións arquitectónicas.
  7. Pedras formosas.

  • As crenzas castrexas:
As prácticas relixiosas eran moi frecuentes, nelas realizábanse sacrificios de animais e tamén de persoas. Poñendo en relación a relixión castrexa con outras célticas e indoeuropeas, pódense agrupar estas divindades en tres clases:
  1. Divindades da primeira función: Destaca un deus castrexo.
  2. Deuses da guerra ou da segunda función: Son deuses guerreiros que actúan dun xeito irracional. Combaten individualmente e utilizan os berros e outros medios de carácter simbólico coa finalidade de paralizar o inimigo.
  3. Terceira función: Deuses da fecundidade humana e animal e da riqueza.

  • A lingua castrexa:
Na Galaecia falábase un tipo de lingua céltica, denominada lingua galaica.